lunes, 13 de noviembre de 2017

CHANTER POUR APPRENDRE

Na entrada de hoxe móstrovos unha canción dirixida a nenos e nenas de entre catro e cinco anos, e a que podemos empregar para traballar o seguinte:

- Introducir ao alumnado na lingua extranxeira a través da música.

- Coñecer o nome de cinco froitas en francés: plátano, fresa, mazá, mango e uva.

- Comprender o nome de cinco cores en francés: amarelo, vermello, azul, verde e laranxa.

- Identificar as diferentes partes do día (mañá, medio día e noite).

- Inculcar os hábitos saudables alimenticios a través da música e do ritmo.

- Trabalar a expresión corporal mediante o baile da canción.


Velaquí a canción  Le mix de couleurs et de saveurs!





  1. Comment vous-êtes vous organisé(e)s pour réaliser ce projet?
En primeiro lugar, levamos a cabo unha lectura común das instruccións da actividade. Creamos unha plataforma online (Drive), deste xeito poderíamos estar en contacto todas as integrantes do grupo aportando ideas que fosen xurdindo. Decidimos empregar tamén un Prezi para ir colgando toda a información recaudada.
O primeiro que decidimos foi o tema que íamos a traballar: as cores e as frutas.

Decir tamén que antes de comezar a traballar, repartimos os roles que cada unha de nos realizaría co fin de ter unha boa coordinación e organización no grupo de traballo. Estos foron os seguintes:

Coordinatrice: Anabel
Assistante: Cristina González
Secretaire: Leticia 
Responsable des ressources: Eliana

2. Avez-vous éprouvé des difficultés? Lesquelles?
Á hora de levar a cabo este proxecto, encontrámonos con diversas dificultades. A primeira delas foi no momento de seleccionar o tema que íamos a tratar na nosa canción. Ademáis, debido a nosa breve fluidez co idioma, foinos bastante complexo atopar términos términos que rimasen e tuvesen concordancia.
A seguinte dificultade que se nos presentou foi na elaboración da base que daría ritmo á nosa canción, manexamos diversas APPs, pero finalmente e gracias aos consellos de Carlos, decantámonos por "GarageBand".
Finalmente, a última dificultade atopada, e non menos importante... Foi o momento da coordinación das integrantes do grupo. Unha das nosas compañeiras tivo numerosos problemas para poder quedar co resto do grupo ou para levar a cabo as tarefas que se lle mandaban facer... Polo que se pode decir que gran parte do traballo e esforzo foi por parte de soamente tres integrantes no lugar de catro. Un aspecto bastante negativo, que baixo o meu punto de vista deteriorou bastante o traballo grupal.

3. Qu’est-ce que vous avez appris avec ce projet ?
Esta actividade non solo me resultou atractiva a moi productiva, senón que como futuras docentes en Educación Infantil, debemos saber que a música é necesaria nas nosas aulas, é un recurso totalmente imprescindible mediante o cal o alumnado adquire unha gran variedade de coñecementos.
Debemos resaltar tamén o beneficioso que resulta o manexo de diversas apricacións que a maioría de nos descoñecíamos. Persoalmente, opino que éste será un recurso que nun futuro vou a manexar, polo que deberei ir mellorándoo co paso do tempo.

4. Quel est votre avis général sur le projet?
Como xa comentei anteriormente, quédome con unha visión totalmente positiva sobre este traballo, xa que é un recurso fundamental para o ámbito da Educación Infantil.
En canto ao traballo en grupo, non foi unha das miñas mellores impresións, xa que como comentaba anteriormente faltou dar moito máis por parte de algunha das compañeiras.

5. Quel est votre avis général sur le groupe de travail?
Podo decir que pese aos problemas que poideron xurdir dentro do grupo de traballo, soubemos solventalos e tirar para adiante o mellor que poidemos, conseguindo así un bo traballo, que ao meu parecer estivo moi ben. Isto foi gracias a poñernos de acordo nas decisións tomadas e colaborando as unhas coas outras, na medida do posible.